Etiquetas

domingo, 5 de abril de 2009

[Galiza] Acção solidária com os “25 de Caxias” em Compostela

Acción solidaria cos compañeiros encausados polo motin de Caxias en Compostela

Na madrugada do mércores 1 ao xoves 2, a oficina da entidade Agência de inovaçâo e Integraçâo de Portugal foi atacada en solidariedade cos 25 compañeiros encausados por se amotinar en 1996 na prisiçon de Caxias (Portugal)

Na madrugada do mércores 1 ao xoves 2, a oficina da entidade Agência de inovaçâo e Integraçâo de Portugal foi atacada en solidariedade cos 25 compañeiros que, no ano 1996, se amotinaron para loitar contra unhas condicións degradantes (abusos, torturas, humillacións…) que estaban a sufrir na prisión de Caxias e actualmente estan a ser sometidos a un xuizo-farsa por parte do estado portugues.

Como consecuencia, a oficina, sita na rúa Ramón Piñeiro de Compostela, amencía cos cristais rotos, enmarcándose a acción dentro da convocatoria internacional en solidariedade cos encausados de Caxias.Consideramos esta entidade lucrativa de promoción empresarial e tecnolóxica como unha peza cómplice mais da maquinaria do estado e o seu desenvolvemento, represión policial, xudicial e carcelaria.

Se este é o mundo que construíchedes… tanto de dia como de noite atacaremos para destruilo

¡Liberdade inmediata e sen cargos para os compañeiros!

anarcosolidarixs , 04.04.2009

fonte: cmi galiza