Etiquetas

segunda-feira, 16 de novembro de 2009

Publicação conjunta da Solidaridade Obreira da CNT-Galiza e do Boletim Anarco-Sindicalista da AIT-SP





Foi publicado o primeiro número do Anarco-Sindicalista, jornal em galego e português editado conjuntamente pela regional galega da Confederação Nacional del Trabajo (CNT, secção da AIT no Estado espanhol) e pela AIT-Secção Portuguesa.

A publicação pode ser descarregada em PDF aqui:
http://www.cntgaliza.org/files/Anarcosindicalista_n1.pdf

Os pedidos da edição em papel podem ser feitos para os seguintes contactos da AIT-SP:

Apartado 50029 / 1701-001 Lisboa / Portugal
e-mail: aitport@yahoo.com

Uma apresentação do jornal Anarco-Sindicalista em galego:

Esta é unha publicación certamente excepcional: son moi escasos os experimentos de comunicación e coordenación entre traballadoras e traballadores de zonas correspondentes oficialmente a países diferentes. Non ocorre así entre os empresários, políticos, explotadores vários: eles levan séculos aproveitando as fronteiras criadas por eles mesmos para sacar maior rendemento ao seu diñeiro. Os traballadores e traballadoras só recorremos ao paso desas fronteiras para fuxir da miséria na nosa terra. Vai sendo tempo de que as tornas cámbien, e que nós usemos as posibilidades que nos oferece a semellanza lingüística, cultural, territorial e histórica entre a Galiza e Portugal para proveito dos traballadores e traballadoras.

Non vai ser un camiño doado. Levamos moitos séculos de desconfianza e ignoráncia mútua, cando non de guerra directa, provocados polos intereses das clases altas. Só recentemente asistimos a un grande cámbio nas mentalidades, e cada vez que un galego ou un portugués cruzan agora aquela vella fronteira inzada de fortalezas, fortíns, gardas civís e gardiñas achegamo-nos un pouco máis a unha realidade que @s anarcosindicalistas levamos un século proclamando: os traballadores e traballadoras somos iguais en todas partes, somos seres humanos explotados, controlados, dominados e, sobre todo, divididos e manipulados por outros seres humanos dentro dun sistema social, político e económico que aproveita a nosa división para dominarnos máis eficazmente.

Comezamos este longo derrubamento do invisíbel muro no que fomos encerrados cun pasiño modesto: unha publicación conxunta na que todos e todas aprenderemos das nosas semellanzas e diferenzas e, sobre todo, de como podemos loitar xuntos por un mundo mellor.

CNT- A Coruña

Página da CNT-Galiza: http://www.cntgaliza.org/